viernes, 9 de abril de 2021

Portada

Daquelas que era novo e había tempo... un dos pasatempos cos que máis me divertía era o Logic, unha pequena revista en branco e negro na que aprecían diversos xogos de lóxica. Para min os mellores sempre foron os de "¿Quién es quién?" cos que cunha pouca e enrevesada información un é capaz de deducir todos os datos así como as relaccións entre os mesmos.



Pareceume entretido ensinarllos ás miñas fillas é ó meu alumnado, incluso poder realizar algúns con eles. Pouco a pouco iremos enchendo este blogue con diversos xogos elaborados en familia e buscando sempre persoaxes da nosa contorna.

Agardamos que vos gusten e que poidades pasar un bo rato tanto vos coma os vosos.

Saúdos


jueves, 8 de abril de 2021

Noite de tapas

Parece que imos a poder recobrar eses días de tapas e, como non pode ser doutro xeito, un grupo de amigas decidiron facer unha ronda polos mellores bares da nosa cidade. Ó rematar á noite ningunha sabe moi ben nin o que pagou nin o que consumiron en cada un dos bares. Serías capaz de decirlles onde tomaron a tapa e canto pagaron cada unha?


Esta vez o deseño da imaxe de fondo corre a cargo de Martina... non demos feito unhas racións, pero está claro que algo ten que acompañar a tanta papatoria...


martes, 6 de abril de 2021

Exame de Redes

Este blogue comezou coa idea de inserir nas diversas historias as persoas que me rodean, co fin de que fora moito máis chamativo. Nesta ocasión tocoulles a parte do meu alumnado que sacaron moi boas notas no exame de Redes que lles fixen o outro día... Axudádesme a saber se fixeron trampas?


miércoles, 24 de marzo de 2021

Aprendices de cocineros

 





Así se xoga

Os xogos de lóxica que vos presentamos pódense resolver en base a deduccións, neste caso teremos que tentar de relacionar distintas características en base a pistas, cabe destacar que as correspondencias son un a un, e dicir, cada característica ten relación con unha e tan so unha, a base de inserir estas deduccións acaban xurdindo nova información que nos permitirá seguir resolvendo o xogo.



No seguinte xogo "Os currantes" poderás ver os pasos para resolvelos. Atréveste?



Licencia de Creative Commons

SuperTitores

Temos un Centro un pouco atolado, a xente anda a correr dun lado para o outro e dende Xefatura non se enteran moito das tarefas que realizaron os seus titores. Bótalle unha man organizando a cada profesor co grupo do que é titor, no sitio no que atendeu á titoría e a quén atendeu. Darás indicado que fixo cada un?



Descarga o xogo en galego

lunes, 22 de marzo de 2021

Deportistas de Élite

Na nosa cidade temos a gran sorte de ter grandes deportistas que triunfan nas súas disciplinas deportivas. Deportes coma o taekwondo, volei, piragüismo, fútbol, pankour...

No seguinte xogo pretendemos que averiguedes información dos nosos capións, averiguando o nome dos mesmos, o deporte que practican, os seus adestradores e o mes no que resultaron vencedores..


Anímaste?

Descargar xogo en galego

Descargar xogo en castelán