viernes, 9 de abril de 2021

Portada

Daquelas que era novo e había tempo... un dos pasatempos cos que máis me divertía era o Logic, unha pequena revista en branco e negro na que aprecían diversos xogos de lóxica. Para min os mellores sempre foron os de "¿Quién es quién?" cos que cunha pouca e enrevesada información un é capaz de deducir todos os datos así como as relaccións entre os mesmos.



Pareceume entretido ensinarllos ás miñas fillas é ó meu alumnado, incluso poder realizar algúns con eles. Pouco a pouco iremos enchendo este blogue con diversos xogos elaborados en familia e buscando sempre persoaxes da nosa contorna.

Agardamos que vos gusten e que poidades pasar un bo rato tanto vos coma os vosos.

Saúdos